Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra

Información do libro:

  • Título: Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra
  • Autor/a: Henrique Rabuñal
  • Editorial: Galaxia
  • Sinopse: Da maneira que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, así neste libro diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas. Os anos infantís en Ferrol, a vida universitaria e política xa na compaña de María Ignacia Ramos Díez, a guerra e o presidio, a dura posguerra e a fértil xeira de Fingoi, o seu labor académico, a súa entrega a Galaxia e o período da docencia universitaria. Tamén o ciclo vizoso como profesor xubilado e a incesante presenza e reivindicación de Ricardo desde o seu pasamento até os nosos días. Escritor precoz e total durante seis décadas, entregado militante do nacionalismo republicano, intelectual brillante e libre sempre entregado á nosa cultura, Carvalho Calero ocupa un dos lugares máis sobranceiros na historia galega do século XX. Podemos afirmar del o que el dicía de Otero Pedrayo. Contra Carvalho Calero non se pode construír o noso país.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies